Non se trata de competir con outros colectivos, nin de rivalizar con institucións ou propostas personais xa disponibles, polo contrario de sumar, de construir colectivamente un espazo no que todos aqueles que traballamos e nos interesamos polos problemas relacionados co ensino e a aprendizaxe da historia e de outras ciencias sociais poidamos aportar e atopemos o que outras persoas desexen compartir. Tratamos de dar a coñecer o que xa está disponible e servir de plataforma a quen queira utilizar esta rede para dar a coñecer o seu traballo.
A iniciativa para crear IDEHER partiu dun grupo de profesores e profesoras de ensino secundario e universitario de diversas comunidades autónomas españolas, pero está aberta a novas incorporacións que traten dalgún aspecto relacionado coa didáctica da historia e das outras ciencias sociales: investigacións, innovación, recursos para a aula, recursos para a formación do profesorado, publicacións, reseñas, contactos con grupos ou colectivos da área, noticias etc.
Para a súa posta en marcha a red conta co apoyo do Departamento de Historia Contemporánea e de América da Universidade de Santiago de Compostela. Nesta etapa inicial faremonos cargo de xestionala Ramón López Facal (ramon.facal@usc.es) e Luis Velasco Martínez (luis.velasco@usc.es), responsable da secretaría técnica.